Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 04/02/2025

Programa completo do 04/02/2025

Manuela Porto

Monforte de Lemos |

Repasamos novas da actualidade máis próxima e no espazo adicado ao sector vitícola, falamos da adega Cruceiro con Puri Díaz e co técnico Alfonso Losada. Monforte súmase ó Día Internacional contra o Cancro con actividades que repasamos coa psicóloga e a traballadora social da delegación que nesta zona ten aberta a Asociación de Loita Contra o Cancro, Ana Belén Fernández e Virginia Menéndez. Repasamos o convenio que asinou o concello de Monforte co presidente da CHMS para mellorar a pista do Canal, falamos do San Brais, co párroco de San Vicente, Rafael Vázquez Mella, e entre outros asuntos, conversamos tamén co alcalde de O Saviñao, Carlos Armesto, onde veñen de aprobar a venda de novas parcelas no Polígono que proxectan ampliar.