Abrimos repasando novas da actualidade máis próxima e co espazo adicado ao sector vitivinícola no que hoxe falamos da adega Soutelo co seu encargado, Luis Colorado Ramón. Todo preparado para as Festas de San Antonio en Monforte que se van celebrar do do 12 ao 15 de xuño. Falamos delas con Mon López, membro da comisión organizadora. Con Beatriz Vila, delegada da Asociación Provincial de Hostalería facemos balance de "Marida Maio" e balance recollemos tamén do servizo que presta o matadoiro móbil que a Consellería do Medio Rural ten en marcha por Galicia e que prepara ampliar servizos. Danos máis datos José Balseiros, director xeral de gandaría, agricultura e industrias agroalimentarias.