Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 03/04/2024

Programa completo do 03/04/2024

Manola Porto

Monforte de Lemos | 04.03.2024 14:23

Repasamos novas da actualidade máis próxima e abrimos conversando con Pablo Blanco, que en representación da Fundación da Nosa Señora da Antiga, da nos conta da última hora sobre as filtración que provocan cada vez máis goteiras na Igrexa deste BIC. "O SAF Actívate", é un novo proxecto que poñen en marcha nos Servizos Sociais do Concello de Sober, para estimular actividade física e cognitiva das persoas beneficiadas do Servizo de Axuda no Fogar. Iniciativa que repasamos coa traballadora social Patricia González e con dúas integrantes do SAF, Noelia Vázquez e Lorena Rodríguez. Entre outros asuntos, repasamos tamén novas do concello de Bóveda que se pon a disposición dos veciños propietarios de galiñeiros domésticos, para facilitarlle a inscripción no rexistro habilitado pola Xunta. Danos máis datos o alcalde, José Manuel Arias.