Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 02/10/2023

Programa completo 03/10/2023

Manola Porto

Monforte de Lemos | 03.10.2023 14:24

Aínda sen rematar a vendima na D.O Ribeira Sacra está xa superada a colleita do pasado ano con 6,5 M de quilos. Abrimos programa falando das vendimas e repasando outras novas do sector vitícola co presidente do CRDORS Antonio Lombardía, Gelín Fernández membro do panel de cata do CR e o enólogo Pablo Estévez. Lembramos ao fundador do ecomuseo de Arxeriz, Xosé Soto, falecido en Madrid aos 85 anos, con José Antonio Quiroga, secretario da Fundación que leva o nome do finado e na súa calidade de presidente da CHMS falamos tamén da nova EDAR que van construir no Polígono do Reboredo e do ano hidrolóxico que vén de empezar. A Cig Saúde denuncia a carga de traballo que acumula a única siquiatra que pasa consulta no Hospital Comarcal desde o pasado mes de abril, unha situación que repasamos co delegado do citado sindicato, Vicente Vázquez. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, falamos tamén da distinción que este mércores recibirá en Madrid o concello de Sober por sumarse á campaña "Tolerancia 0 contra o maltrato", coa traballadora social Patricia González e co alcalde Luis Fernández Guitián.