Disólvese a asociación Amafer que depositará os fondos nun Centro de Documentación Ferroviaria que se habilitará no Muferga. Falamos delo con Fermín Avellaneda presidente da citada Asociación. Baixo o lema "Apoderadas. O rural tamén é nos", 300 mulleres de diversos puntos de Galicia participaran o sábado nunha xornada organizada por FADEMUR en Monforte para falar de emprendemento feminino no mundo rural. Repasamos actividade con Rosa Arcos, secretaria xeral da Federación organizadora. Con Severino Rodríguez, secretario da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next falamos da xornada networking e sinatura de convenio entre esta asociación e Nordés Club Empresarial de A Coruña. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima falamos do Festival do Viño da Ribeira Sacra que vén de presentar o alcalde de Monforte, e toca tamén hoxe saúde bucodental coa odontóloga María José Martín.