Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 02/04/2024

Programa completo do 02/04/2024

Manola Porto

Monforte de Lemos | 02.04.2024 14:15

Festa local den Monforte que se remonta ao século XVII. Repasamos a mesma e outras novas da actualidade máis próxima. No espazo adicado ao sector viticola falamos con Fidel Gallego, da adega A Carqueixa, unha das premiadas na Feira do Viño de Amandi e de nova creación. O Consorcio Turístico da Ribeira Sacra dá por salvada a Semana Santa, con 2 puntos máis da ocupación prevista nos días centrais. Repasamos datos coa xerente Alexandra Seara. Terceiro ano hidrolóxico máis húmido da serie histórica que comeza no ano 1980. Do nivel de auga que teñen embalsada os encoros da zona falamos con José Antonio Quiroga, Presidente da CHMS. E citas en Francia e en Alicante para os palistas do Quixós e os taekwondistas do Neka. Falamos cos adestradores, Santi Díaz e José María Vega.