Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 02/02/2024

Programa completo do 02/02/2024

Manola Porto

Monforte de Lemos | 02.02.2024 14:26

Candidatos locais do PP, BNG e PSOE acompañados de representantes destes partidos na zona iniciaron a campaña electoral coa tradicional pegada de carteis na rúa Cardeal de Monforte. Abrimos programa escoitando as súas declaracións. É primeiro venres de mes así que toca recomendación literaria da man da Libraría Agrasar con Jacobo Rodríguez. Lectura de manifesto e lazo verde para conmemorar o Día Mundial Contra o Cancro. Actividades que repasamos con Ana Belén Fernández e Virginia Menéndez, psicóloga e traballadora social na delegación que ten en Monforte a Asociación Provincial de Loita Contra o Cancro. E a Igrexa de San Vicente do Pino recupera este sábado a celebración do San Brais. Unha festa de grande tradición da que falamos co párroco Rafael Mella Vázquez. Entre outros asuntos conversamos con MAZ un muralista que vén de rematar unha intervención para embelecer a Praza do Piñeiro.