01H 28 MIN

Programa completo do 01/07/2025
Abrimos repasando novas da actualidade máis próxima e co espazo adicado ao sector vitivinícola no que falamos co técnico Alfonso Losada e co enólogo Pablo Estévez, que de novo vén de ser destacado como un dos mellores de España. "Déixate Guiar" é o programa de visitas turísticas que se pon en marcha no concello de A Pobra do Brollón e prepáranse para celebrar a Festa Guímara. Actividades das que falamos coa concelleira de Cultura Marián Martínez. E a Deputación de Lugo presenta polos concellos o programa Turembalses para fomentar o turismo de encoros. Novas experiencias que explica a Deputada Pilar García. Repasamos oferta educativa da Fundación Berlamino Fernández Iglesias coa directora Rebeca Vázquez, e co técnico de deportes, Óscar Rodríguez, atendemos ás Xornadas Multideportivas que hoxe comezan en Monforte.
