O IES da Pinguela terá aula de emprendemento para o próximo curso. Unha iniciativa da que falamos co director deste Instituto, Enrique Sampil. O concello de Monforte merca unha parcela no polígono de O Reboredo, para construir unha nova depuradora e maña colle o relevo na xestión do Centro do Viño a nova adxudicataria do servizo. Repasamos estas e outras novas da actualidade do concello de Monforte conversando co alcalde, José Tomé Roca. E entre outros asuntos, conversamos tamén coa voceira do BNG do concello de Pantón, Rosana Prieto. Entre outras iniciativas, reclaman orzamentos para o concello en vez de prorrogar os do pasado ano.