No programa de hoxe repasamos actividade do concello de Monforte conversando co alcalde, José Tomé Roca. Coa xeriatra do Hospital Comarcal, a doutora Ares, falamos dun novo servizo que puxeron en marcha e polo que veñen de ser recoñecidos a nivel internacional. Á Asociación de Veciños de O Saviñao non lle convencen todas as propostas que ten o equipo de goberno para reorganizar o tráfico no entorno da Praia da Cova. Explícanos cales son as súas Manuel Sarmiento, voceiro da citada asociación. E como se reconverte en empresaria unha deportista de elite?. Preguntámosllo á xogadora de voleybol Noelia Sánchez que pon en marcha un novo servizo para a veciñanza desta zona sur da provincia.