Segue crecendo pero en menor medida o número de positivos por Covid nesta zona sur de Lugo así que abrimos actualizando datos. Monforte e Quiroga seguen sendo as poboacións máis compricadas. En Quiroga confírmase cribado masivo a partir do próximo luns. Buscamos a última hora conversando co alcalde Julio Álvarez. Bóveda busca incrementar poboación sumándose a unha iniciativa que se promove a nivel nacional entre diversas entidades. Trátase do proxecto "Hola Pueblo" do que falamos co rexedor local, José Manuel Arias. Coa directora xeral de Ordenación do Territorio, Encarnación Rivas, conversamos sobre o Plan de Ordenación do Medio Físico de San Fiz de Asma. E como cada xoves páxina adicada á historia local, co investigador Felipe Aira falamos hoxe do Ateneo Casino, a Sociedade máis antiga de Monforte.