De solos e fertilización das viñas falamos hoxe no espazo que cada martes dedicamos ao sector vitícola. Ademais do técnico Alfonso Losada hoxe tamén nos acompaña o profesor José Manuel García Queijeiro especialista na materia. Pleno casi de trámite en Monforte aínda que a oposición non conseguiu sacar adiante ningunha das súas propostas. Falamos coa voceira do PP Kati Varela deste pleno e da súa integración no equipo do delegado territorial da Xunta en Lugo. E este ano tampouco se pode celebrar a Feira do viño de Vilachá de Salvadur. Conversamos coa adegueira Puri Díaz, que agarda que este parón serva para estudar un novo enfoque para este evento no sucesivo. E conversamos tamén con Marta Lorenzo Lòpez, alumna do IES A Pinguela que vén de recibir un premio do Ministerio de Defensa, do que tamén falamos do director do citado Instituto, Enrique Sampil.