Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 25/11/2021

Programa completo do 25/11/2021

Manola Porto

Monforte de Lemos | 25.11.2021 14:20

Día Internacional contra a Violencia de Xénero con numerosos actos de concienciación e solidariedade coas vítimas en todos os concellos. Repasamos actos en Monforte con Margarita López, concelleira de muller e igualdade. No concello de Sober presentan un vídeo relacionado coas mulleres no ámbito rural do que falamos coa traballadora social Patricia González. Os Servizos Sociais do concello de A Pobra do Brollón, fixeron tamén vídeos, niste caso cos maiores do Centro de Día, poñendo o foco nos micromachismos. Iniciativa da que falamos con Pilar Míguez, directora do citado centro. No concello de O Saviñao, reparten diverso material informativo nos centros de ensino para concienciar no ámbito educativo. Falamos coa concelleira Beatriz Rois. Aproveitamos tamén para preguntar sobre lexislación vixente en materia de violencia de xénero ao avogado Javier Leiro Fernández. Entre outros asuntos, conversamos co actor Avelino González, que hoxe presenta en Monforte un espectáculo sobre Vicente Risco.