Sanidade suaviza as restriccións en Monforte. Este xoves xa poderá abrir a hostalería. En que condicións é o que agardan saber nas próximas horas. Falamos desto coa delegada da Asociación para esta zona Beatriz Vila. Escoitamos explicacións do xerente da Área Sanitaria, Ramón Ares, sobre os motivos polos que Sanidade tomou esta decisión e a valoración que fai da mesma o alcalde de Monforte, José Tomé Roca. E neste Día Internacional contra a violencia de xénero repasamos actos que se celebran nesta zona. Escoitamos o manifesto do concello monfortino e conversamos coa Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López. Adicamos hoxe o espazo "Facendo Empresa" a Panadería Tarrazo do concello de Pantón e conversamos co seu responsable, Jesús López. E do ámbito deportivo atendemos á presentación de equipación e patrocinios cos que volta ao Dakar o piloto Eduardo Iglesias.