Chamada á prudencia a que nesta xornada de Noiteboa fai a directora do Hospital Comarcal de Monforte. Conversando con Inma Ramos, despedimos un programa que abrimos hoxe entrevistando ao arqueólogo Benito Vilas, con que repasamos os resultados da datación feita en Penas do Castelo, no concello de A Pobra do Brollón, e que presentan este castro como un dos máis antigos de Galicia. Entre outros asuntos, conversamos tamén co voceiro do BNG en Monforte, Emilio Sánchez, que repasa iniciativas que levará ao pleno do próximo luns.