Sigue disparada a cifra de afectados pola Covid nesta área sanitaria, en Monforte hai xa 112 casos activos. Repasamos incidencia conversando co xerente Ramón Ares. Visitamos a Praza de Abastos para repasar ambiente na mesma nesta datas previas ao Nadal. Delo falamos con Carlos Pérez, presidente da Asociación de Praceiros. En Pantón buscan solares para ubicar o novo centro de saúde e confian en que no primeiro trimestre do próximo ano poidan empezar as obras do Centro de Maiores. Como cada xoves adicamos tamén uns minutos ao gabinete xurídico de Abogados Vigo 10, hoxe Héctor Silva repasa denuncias relacionadas coa inclusión de datos en ficheiros de morosos.