Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 23/03/2021

Programa completo 23/03/2021

Manola Porto

Monforte de Lemos | 23.03.2021 14:19

Abrimos programa co espazo adicado ao sector vitícola e falamos hoxe dos viños de crianza co técnico Alfonso Losada e con Juana Martínez, investigadora do Instituto das Ciencias do Viño e da Vide de La Rioja. Coa artesá Teresa Astorgano falamos do traxe de festa da muller galega do século XIX. Unha dúcia deles forman parte dunha exposición que se vén de inaugurar no Centro do Viño e que podemos ver ata este sábado. Coa presidenta provincial do PP, a deputada Elena Candia, repasamos iniciativas que poñen en marcha para reclamar de Adif que manteña o proxecto de construción das variantes de Peares e Canabal. E conversamos tamén con Toñyto García de "Los Jinetes del Trópico", tras o seu paso por "Got talent".