Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 20/04/2021

Programa completo 20/04/2021

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 20.04.2021 14:18

Hoxe cúmprense 72 anos da coñecida como "Batalla de Repil" na que varios efectivos dos destacamentos de Lugo e León remataron con catro combatentes antifranquistas, dous enlaces e o encarceramento dun numeroso grupo de colaboradores. Esta tarde hai programada un acto de homenaxe do que falamos co arqueólogo Xurxo Ayán que será tamén hoxe ponente da Semana da Memoria Histórica na que hoxe tamén intervirá Rodrigo Paulos Bravo que nos adianta temática da súa intervención. Co profesor Javier Saco falamos dunha web que vén de poñer en marcha con propostas culturais e para estimular creatividade e reflexión. Como cada martes abrimos falando do sector vitícola co técnico Alfonso Losada, e rematamos programa cun anticipo dos novos proxectos musicais de "Los Jinetes del Trópico" e conversando con Toño García, un dos integrantes deste grupo.