Monforte de Lemos |
A Candidatura da Ribeira Sacra para ser Reserva da Biosfera supera o último trámite para poder someterse o próximo ano ao ditame da UNESCO e será a única candidatura que presente España. Falamos delo coa Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e vivenda. O BNG de Monforte solicita ao concello que poña en marcha axudas económicas para os negocios do sector da hostalería e turismo que tiveron que pechar pola pandemia. Valora tamén o Plan Especial de Protección do Casco Histórico aprobado neste concello. Coñecemos unha nova proposta de urbanización da zona de Covas que presenta hoxe o rexedor Monfortino. Falamos coa bibliotecaria de Sober do novo premio María Moliner que veñen de recibir polas actividades que realizan de fomento da lectura. E adicamos o espazo "Facendo Empresa" á Clínica Dental Escairón, conversando cunha das promotoras.