Con 70 casos activos de Covid en Monforte, fai unha chamada á prudencia o alcalde, José Tomé Roca. Conversando con él abrimos o programa de hoxe. Incorporado un novo internista o Hospital Comarcal o que facilita a reincorporación o servizo de Hospitalización a Domicilio do doutor Mouriño, co que falamos tamén no programa de hoxe. Coa técnica de cultura do concello de Bóveda, Míriam Palmón, repasamos as actividades que teñen programadas para o Nadal. Entre outros asuntos, toca este xoves gabinete xurídico, co avogado Javier Leiro, falamos do complemento que por fillos poden reclamar tamén a partir de agora os funcionarios.