O xerente da área sanitaria, Ramón Ares, chama á tranquilidade a todos os vacinados con AstraZeneca, tras suspenderse cautelarmente a administración desta vacina. Con él repasamos incidencia da Covid e facemos balance do ano de pandemia. A situación do do comercio, os retos que ten por diante, o papel dos CCUs e CCAs, foron asuntos analizados no I Congreso Galego que se ven de celebrar online. Repasamos conclusions con Ángel Folgueira e Emiliano Cossini, xerentes do CCU de Monforte e CCA de Arteixo. E no espazo adicado ao sector vitícola, co técnico Alfonso Losada, hoxe temos a Antonio Vide, encargado da adega Rectoral de Amandi. Falamos das novas plantacións feitas por esta adega, e de premios que seguen recibindo viños por eles elaborados.