Abrimos programa conversando co músico Javier Castro que presenta este sábado no "Festival As Cores do Outono" na Pobra do Brollón, un disco homenaxe aos músicos de Ferreiros. O cociñeiro Manuel Rodríguez é o encargado hoxe de participar no espazo "La receta de tu vida", rematado o concurso, conversamos con Julio Mourelle, enólogo de Finca Míllara, hoxe de actualidade por poñer en marcha na adega un espazo gourmet. Falamos tamén de libros. Con Moncha Prieto, do que presenta esta tarde en Sober con relatos da Ribeira Sacra e con Antonio Cardelle do que se presenta na Galería Sargadelos, sobre "Memoria dun Fusilado. José Darriba Puente". Entre outros asuntos repasamos tamén que recolle o convenio que vén de asinar FCC cos traballadores que ten en Monforte.