Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 15/07/2021

Programa completo do 15/07/2021

Manola Porto

Monforte de Lemos | 15.07.2021 14:18

En Monforte pasamos en menos dunha semana de 13 a 27 casos diagnosticados de Covid. O alcalde pide prudencia para evitar que esta cifra sega crecendo e teñan que poñerse en marcha máis restricións. Con José Tomé Roca repasamos tamén outros asuntos da actualidade local. Conversamos con Rosa Nieves que vén de crear unha Asociación en memoria do seu fillo Luis Nieves, finado en 2019, para becar a moz@s que desexen estudar música e non teñan recursos. Entre outras novas da actualidade máis próxima, recollemos queixas dos veciños de A Veneira que denuncian o mal estado no que se atopa o acceso a citada localidade. No espazo adicado á historia local, Felipe Aira repasa hoxe feitos destacados que aconteceron en Monforte en determinados momentos nos últimos 700 anos.