O concello de A Pobra do Brollón pasou este luns a nivel medio de restricións. Buscamos a última hora conversando co alcalde Xosé Lois Maceda. Falamos tamén dos orzamentos que veñen de aprobar nos concellos de Folgoso do Courel e Bóveda, cos respectivos rexedores, Dolores Castro e José Manuel Arias. Coa concelleira de Servizos Sociais de Monforte, Gloria Prada, repasamos os programas que teñen en marcha co colectivo xitano de As Lamas. Entre outros asuntos, repasamos investimentos de Adif no corredor ferroviario Ourense-Monforte-Lugo.