Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 15/02/2024

Programa completo do 15/02/2024

Manola Porto

Monforte de Lemos | 15.02.2024 14:26

Apuran os representantes políticos de todos os partidos as últimas horas de campaña. Repasamos axenda e mensaxes que nos chegan neste día. O equipo de goberno do concello de A Pobra do Brollón co apoio do PSOE aproba en pleno denunciar o PP por unha pancarta electoral colocada en Salcedo. Da conta do acordado o rexedor Xosé Lois Maceda. O apagón da TDT deixa en zona de sombra 6 aldeas do Courel, sobre un cento de veciños afectados. Unha situación da que falamos coa alcaldesa Dolores Castro. E Cristina Rodríguez, é unha das promotoras da recuperación dos personaxes tradicionais do entroido de Bolmente, no concello de Sober , e que levaban sen saír máis de 60 anos. Traballan para recuperar a tradición perdida e cóntanos como. Repasamos actividade que preparan para este venres na Asociación aulaAberta, conversando co presidente, Carlos Parada, e no gabinete xurídico de cada xoves con AV10, Héctor Silva fálanos de restructuracións empresariais.