As rutas de viaxes en catamarán polos ríos Sil e Miño empezarán a funcionar o 19 de marzo. Para coñecer máis desta iniciativa falamos con Pilar García, deputada responsable da área de turismo na Deputación de Lugo. Malestar entre pais de Sober por como xestionou sanidade o control do PAI tras coñecerse o primeiro caso positivo por Covid. Explica os motivos Purificación González, unha das nais afectadas. Rematado o cribado no concello de O Saviñao. Cero positivos entre os 356 veciños que acudiron a facer as probas dos 500 citados. Fai balance o alcalde Carlos Armento. E o Ateneo Casino de Monforte prepara actos para, 25 anos despois da súa morte, reivindicar a poesía de Lois Pereiro. Actividades que repasamos con Xosé Rodríguez, un dos promotores da iniciativa.