Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 14/09/2021

Programa completo 14/09/2021

Manola Porto

Monforte de Lemos | 14.09.2021 14:17

Recuperamos espazo adicado ao sector vitícola e co técnico Alfonso Losada falamos das vendimas. En Proendos empezou unha nova campaña de excavacións que repasamos co alcalde do Concello de Sober, Luis Fernández Guitián, co que falamos tamén das actividades que organizaron para lembrar as Festas da capitalidade municipal. E de festa estarían maña en Rubián, no concello de Bóveda. Tamén alí organizou o concello actividades alternativas que repasamos co rexedor do citado concello, José Manuel Arias. E o mal estado no que se atopa a N-120 ao seu paso polo Concello de Quiroga é denunciado polo edil do BNG no citado concello que reclama tamén o acondicionamento de varios espazos que repasa o edil Xosé Manuel Fernández. Entre outros asuntos, falamos tamén do Centro de Atención aos peregrinos inaugurado onte en Monforte. Recuperamos dese acto declaración do rexedor local José Tomé Roca.