Chegan a Monforte os emprendedores que participan do "Camiño Creativo". Abrimos programa conversando coa promotora, Belén Elisa Díaz, e remataremos recollendo as valoracións de dous dos participantes. Un equipo de arqueólogos traballa o entorno de Cereixa á procura dunha igrexa desaparecida e tamén da aldea da Lama. Traballos coordinados por Xurxo Ayán ao que entrevistamos tamén neste día. Conversamos tamén con Xurxo Mariño, un dos grandes divulgadores científicos que temos no país e que participará este sábado do Festival Científico de Galicia que se vai celebrar no concello de A Pobra do Brollón. E chega a Monforte este venres un espectáculo de danza do que falamos cun dos promotores, Manu Lago.