Estamos en tempo de poda na D.O Ribeira Sacra. Traballos dos que falamos co técnico Alfonso Losada e con Susana Gulín, responsable de viticultura da adega Regina Viarum. A alcaldesa do Courel pide para a Consellería de Educación un voto de confianza tras paralizar o concurso que puxo en pé de guerra aos veciños do citado concello pero a Anpa non se fían e manteñen as mobilizacións. Falamos coa presidenta da Anpa, Pilar Veiga e coa alcaldesa Lola Castro. E a parroquia de Cereixa foi concello independente entre 1821 e 1823. Para conmemorar o bicentenario deste feito, teñen preparado un amplo programa de actividades que repasamos co arqueólogo Xurxo Ayán.