Abrimos programa repasando historia local con Felipe Aira que nos fala hoxe de festas que se celebraban en Monforte a comezos do século pasado. USO reclama oa concello de Monforte que cambie a data do proceso que ten aberto para cubrir as vacantes da Policía Local para que non coincidan coa convocatoria da Academia Galega de Seguridade; escoitamos a Manuel López. Co voceiro do BNG no concello monfortino, Emilio Sánchez, repasamos iniciativas que levan ao pleno do próximo luns. E entre outros asuntos da actualidade máis próxima que repasamos cos seus protagonistas, tempo tamén para recomendar libros infantís. Ás portas das vacacións de entroido conversamos coa escritora e ilustradora Estefanía Padullés.