Abrimos programa conversando con José Manuel Rodríguez, presidente do CRDORS, facemos con él balance do pasado ano. Falamos tamén de axudas que para o sector vitícola se están tramitando ao longo deste mes de xaneiro. Liñas de axuda que nos explica o subdirector xeral de Industrias Agroalimentarias, José Manuel Janeiro. E o incremento de casos activos de Covid fai incrementar a actividade nos Centros de Saúde. Repasamos como está o de Monforte conversando co doutor Rosendo Bugarín. E o transporte escolar no Courel seguirá como estaba. A empresa adxudicataria do servizo segue mantendo os taxis do municipio como vehículos para o citado transporte. Unha nova da que buscamos máis información conversando coa alcaldesa Lola Castro. E o concello de A Pobra do Brollón convértese no primeiro da Ribeira Sacra en facilitar a apertura de furanchos. Falamos delo co alcalde Xosé Lois Maceda.