Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 10/06/2021

Programa completo do 10/06/2021

Manola Porto

Monforte de Lemos | 10.06.2021 14:28

O xerente da área sanitaria, Ramón Ares, fai balance da campaña de vacinación e da incidencia da Covid na zona. Del recollemos tamén recomendacións ás portas de suavizarse as restriccións. O secretario dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, visita un dos Miradoiros de Sober e fai balance do acontecido coa candidatura da Ribeira Sacra. Pide comparecencia do Conselleiro de Cultura no Parlamento para que explique o acontecido e que conte que vai facer a partir de agora o goberno galego. É outro dos asuntos da actualidade máis próxima que repasamos, tras conversar con Andrés Campanario, director do Festival Internacional de Guitarra da Ribeira Sacra que se vai celebrar do 26 de xuño ao 3 de xullo. Como cada xoves, abrimos repasando historia local, hoxe Felipe Aira remóntanos á orixe da Rúa Falagueira.