Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 10/03/2021

Programa completo 10/03/2021

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 10.03.2021 14:20

O Fogar San Xosé de Monforte é das poucas residencias da zona onde ningún usuario estivo afectado pola Covid. No programa de hoxe falamos con Herminia Fernández, a Superiora da orde relixiosa que dirixe este centr, e coa enfermeira Ana Casanova. O concello de Monforte convocará un novo proceso selectivo para cubrir as tres vacantes que hai na policía local tras declarar deserto esta mesma maña o feito recentemente. A voceira do PP cree que o alcalde debe dar explicacións sobre o proceso levado a cabo e despexar as dúbidas que deixou o mesmo. Falamos coa voceira popular Kati Varela, deste e outros asuntos da actualidade local. En Bóveda dan por rematas as obras da rotonda entre a LU-652 e a LU-546 eliminando un dos puntos negros das estradas da provincia. Conversamos co alcalde do citado concello, José Manuel Arias. E a película de Lois Patiño "Lúa Vermella", gravada en varios lugares da Ribeira Sacra, finalista en 4 categorías aos Mestre Mateo, entre elas a mellor película e mellor dirección. Está coproducida pola produtora monfortina Amanita Films, e falamos co seu responsable Iván Patiño.