Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 10/01/2022

Programa completo do 10/01/2022

Manola Porto

Monforte de Lemos | 10.01.2022 14:12

Con récord de contaxios entre a poboación xeral volveron hoxe ás aulas os estudantes, rematadas as vacacións de Nadal. Segundo trimestre do curso en marcha, con novos protocolos. Falamos delo co profesor Vicente Docasar, integrante do Comité Asesor da Consellería de Educación. E ás aulas volven tamén os alumnos da Escola de Música Moderna que hoxe inauguran novas instalacións. Cambios que repasamos con Gonzalo Herrero, director do citado centro. Son algúns dos asuntos que repasamos da actualidade máis próxima nun programa que hoxe abrimos "peregrinando" por catro continentes da man do fotógrafo monfortino Manuel Valcárcel, Piro, que ten colgada unha exposición en Santiago, no Museo das Peregrinacións. Coñecemos máis da mesma conversando con él.