Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 09/06/2021

Programa completo do 09/06/2021

Manola Porto

Monforte de Lemos | 09.06.2021 14:21

Abrimos programa co espazo "Facendo Empresa" que hoxe adicamos ao comercio de barrio, ao supermercado que rexentan as irmáns Muñóz na rúa San Lázaro. Falamos con Carmen. O grupo municipal do PP de Monforte reclama información sobre as sancións que leva o concello pagado nos últimos catro anos por verquidos ao río Cabe. Preguntamos sobre este e outros asuntos á voceira Kati Varela. Falamos do Festival de Guitarra que se vai celebrar nas próximas semanas e vén de ser presentado hoxe. De melloras que se van a realizar en diversos barrios e parroquias de Monforte e que hoxe presentou o rexedor local. Entre outros asuntos, seguimos recollendo valoracións sobre o aprazamento da presentación da Candidatura da Ribeira Sacra ante a Unesco, hoxe as da voceira de Agroma Sober e o Colectivo Interior Galego Vivo, Paula Vázquez Verao.