Abrimos programa co espazo adicado ao sector vitícola e falamos hoxe da cortiza, do corcho que se utiliza no embotellado do viño. Falamos con representantes a empresa Amorim, Carlos Jesús e Manuel Teixeira, a máis grande productora de rollas de cortiza do mundo, acompañados do técnico Alfonso Losada. Repasamos novas do concello de Monforte conversando co alcalde José Tomé Roca. Tamén falamos con Elisa Sapia, directora de Albores, da actividade que realizan para manter vivas tradicións de entroido como compadres e comadres. E o pintor soberino Modesto Trigo proxecta construir un Museo en Gundivós. Él mesmo cóntanos algo máis da iniciativa.