Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 08/04/2021

Programa completo 08/04/2021

Manola Porto

Monforte de Lemos | 08.04.2021 14:32

Abrimos programa repasando historia local. Coa historiadora Flora Enríquez falamos das Igrexas de Pombeiro e Atán. Semente Ribeira Sacra convoca a VII edición do Concurso de Proxectos Empresariais aumentando a contía dos premios. Unha iniciativa que repasamos con Severino Rodríguez, voceiro da Fundación promotora. O sarxento do parque comarcal de bombeiros, Tomás Losada, cóntanos como foi o rescate dun traballador accidentado nunha canteira de Quiroga. Esperta Monforte levará a pleno unha iniciativa relacionada coa suspensión da vacinación con AstraZéneca, un asunto sobre o que falamos con Maribel García, ademáis de sanitaria, integrante deste grupo político. Os alcaldes populares reclaman diante da Deputación a renuncia de José Tomé como delegado de Vías e Obras e un plan de mellora das estradas provinciais. Explica os motivos Javier Castiñeira, voceiro do Grupo Provincial do PP.