Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 07/05/2021

Programa completo 07/05/2021

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 07.05.2021 14:18

O remate do estado de alarma trae consigo ampliación dos horarios da hostalería. Cambios dos que falamos con Beatriz Vila, delegada da Asociación de Hostaleiros para esta zona. Oitenta establecementos monfortinos súmanse ao programa de Bonos Desconto da Xunta repasamos en que consiste conversando co xerente do CCU, Ángel Folgueira. O concello de A Pobra do Brollón apoia á hostalería local con axudas económicas directas e un plan de dinamización que repasamos conversando co rexedor local Xosé Lois Maceda. Entre outras cousas, falamos tamén das actividades organizadas no Xeoparque Montañas do Courel para celebrar o "Xeolodía", con Martin Alemparte, coordinador do Xeoparque.