Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 06/05/2021

Programa completo 06/05/2021

Manola Porto

Monforte de Lemos | 06.05.2021 14:14

A campaña masiva de vacinación que prepara o Sergas para esta fin de semana chegará tamén a esta zona sur onde hai citadas preto de 1.700 persoas, máis de 14 mil no conxunto da provincia. Seguirán tamén facendo cribados en varios puntos da área sanitaria, entre outros, no concello de Chantada onde permanece estable o gromo Covid da residencia mentres familiares de usuarios denuncian o "confinamento forzado" dos maiores que non son positivos. Asunto que levarán a Valedora do Pobo. Repasamos novas do concello de Monforte conversando co alcalde, José Tomé Roca. Entrevistamos ao tenente alcalde do concello de Ribas de Sil, Roberto Castro e no espazo adicado á historia local Felipe Aira segue dando a coñecer datos sobre o Cristo da Colada que atopou en Sevilla.