Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 06/04/2021

Programa completo 06/04/2021

Manola Porto

Monforte de Lemos | 06.04.2021 14:17

Abrimos programa co espazo adicado ao sector vitícola e falamos da importancia que a cuberta vexetal ten na viña cos técnicos Alfonso Losada e José Manuel Miras. Coa xerente do Consorcio Turístico da Ribeira Sacra, Alexandra Seara, repasamos ocupación na zona durante a Semana Santa. Preto de 200 familias de Monforte reciben alimentos que reparte a Cruz Vermella, asunto do que falamos co responsable de comunicación Manuel M. López. Con Mario Docasar, secretario de acción sindical de CCOO, repasamos os datos do paro na zona. O xerente da área sanitaria, Ramón Ares, explica como será a campaña de vacinación masiva que empezarán esta tarde nos hospitais da provincia, mentres vai rematando a dos maiores de 80 anos. E xornada de festa local en Monforte. Martes de Pascua no que o alcalde renovou voto de devoción á patroa da cidade, nun acto con aforo reducido pola pandemia pero que se manten desde 1598.

LO MÁS