Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 05/03/2021

Programa completo 05/03/2021

Manola Porto

Monforte de Lemos | 05.03.2021 14:26

Os voceiros dos grupos da oposición e membros da Plataforma Salvemos o Malecón, visibilizan en Monforte cunha concentración, o seu posicionamento en contra das sondaxes que se están facendo para a construción da nova ponte. Falamos coa voceira da Plataforma Victoria Saco. O alivio de restricións en Monforte trae consigo a reapertura do Parador de Turismo. Falamos coa directora Lilian Ferral. Tamén recuperan actividade outros establecementos como Casa Reboiro e Manuel Bistró. Falamos cos responsables dos mesmos, Oscar Rodríguez e Manuel Fernández. Tamén recupera visitas turísticas a adega Regina Viarum. Co xerente da mesma, Iván Gómez, falamos tamén dun proxecto que poñen en marcha para mellorar a eficiencia enerxética. E Sober é outro dos concellos que recupera mobilidade e hoxe mesmo comezan cos actos do Día Internacional da Muller. Asuntos polos que preguntamos ao alcalde Luis Fernández Guitián.