Unhas 2.000 toneladas de madeira saen á semana do Porto Seco de Monforte dirección Zaragoza para a planta que alí ten a multinacional LECTA. Unha iniciativa á que adicamos o espazo "Facendo Empresa" e da que falamos con José Luis Blanco, director forestal da citada empresa. Preparado o Plan Director que á Universidade de A Coruña encargou a Asociación Empresarial Ribeira Sacra Next. Conversamos co coordinador do traballo, o profesor José Pablo Abeal, e con Severino Rodríguez, secretario da Asociación. Entre outros asuntos falamos tamén coa responsable comarcal do BNG, Rosana Prieto, despois da concentración convocada esta medio día diante o Hospital Comarcal de Monforte reclamando máis persoal e material para o mesmo e para os centos de saúde deste distrito sanitario.