Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 04/02/2021

Programa completo 04/02/2021

Manola Porto

Monforte de Lemos | 04.02.2021 14:29

A 20 sube o número de ingresados con Covid no Hospital Comarcal de Monforte. Nunca se chegara a esta cifra desde que empezou a pandemia. Crece a presión asistencial aínda que baixa o número de positivos a 229. Mentres se prepara o operativo para empezar este venres co cribado. Ademais da incidencia da pandemia na zona como cada xoves no programa repasamos historia local co investigador Felipe Aira que nos fala hoxe da rúa Vella. Conmemórase o Día Mundial Contra o Cancro e aproveitamos para conversar con Arantxa Vidal, psicóloga da AECC que leva un ano con local aberto en Monforte. E o colectivo Interior Galego Vivo solicita un novo modelo de residencias no rural habilitando vivendas para uso compartido. Falamos da iniciativa con Paula Vázquez Verao, voceira de Agroma Sober. O BNG leva ao Parlamento Europeo as demandas da Anpa do Courel, escoitamos á responsable comarcal Rosana Prieto Florines. E deputado provincial do PP, José Antonio Quiroga repasa iniciativas deste grupo relacionadas coa zona sur.