Preparado Monforte para ser esta tarde fin da etapa 19 de "La Vuelta Ciclista". No programa de hoxe falamos con Javier Guillén, director deste evento. Repasamos percorrido e dispositivo de seguridade, entre outros con Manuel Arias, delegado de comunicación da policía nacional. Monforte recibe este evento en nivel de risco máximo pola Covid, o rexedor local, José Tomé Roca anima aos veciños a saía á rúa pero con moita precaución. Os ciclistas pasarán tamén por Bóveda, e dos preparativos nese concello da conta o rexedor local José Manuel Arias.