Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 03/05/2021

Programa completo 03/05/2021

Manola Porto

Monforte de Lemos | 03.05.2021 14:16

A posta en marcha das obras de mellora do corredor ferroviario entre Ourense e Lugo anima o mercado inmobiliario monfortino. "Temos máis demanda de pisos que oferta", asegura Carmen González responsable de Adaix. Falamos con ela no programa de hoxe. Tamén conversamos con Javier Agudo, xerente de Fundación da Nosa Señora da Antiga, que anuncia o peche ao culto da Igrexa dos Escolapios para facilitar as obras que se van realizar na cúpula. Carlos Pérez, é o novo presidente da Agrupación Micolóxica Os Lactouros. Representa a remuda xeracional nunha das Asociacións máis emblemáticas da zona. Repasamos con él actividade que iniciaron xa onte mesmo. E moi satisfeito o investigador Felipe Aira que deu en Sevilla co Cristo da Colada, a talla protagonista dunha das lendas de xudeos conversos más populares de Monforte. Ademáis desto, repasamos no programa outros asuntos da actualidade máis próxima.