Segue subindo o número de casos Covid en Monforte e polo tanto este concello seguirá en nivel de risco máximo. Unha situación que repasamos conversando co alcalde, José Tomé Roca. Con él falamos tamén do dispositivo que se pon en marcha para recibir este venres a etapa 19 da Volta Ciclista. Os concellos que a partir do sábado baixan de nivel son Pantón e Sober, aínda que niste último concello hoxe voltaron a subir os casos de afectados. Sobre esto e outras novas do concello de soberino, falamos co rexedor local Luis Fernández Guitián. E setembro empeza con obras no IES Daviña Rey. Delas e de como se prepara o inicio do curso falamos co director do citado centro Isaac González. Atendemos tamén aos actos de celebración co XXV aniversario da Coral Polifónica Municipal que se retrasan ata o próximo ano.