Lucía Pérez lévanos desde O Incio ata Chile, pasando por Portugal ou Düsseldorf
Convidamos esta semana a unha cantante viaxeira que cumpre 15 anos de carreira e celébrao con novo disco: "Quince soles". Lucía Pérez vivíu a semana das letras galegas actuando na cidade de Lugo e con ela falamos do Incio, a súa vila natal, das súas novas cancións e de todas as viaxes que ten feito levando a súa música polo mundo