Gente Viajera de Galicia

Ledicia Costas:"Grazas aos libros e ás súas traducións viaxei a lugares marabillosos"

Convidamos á escritora Ledicia Costas para celebrar con ela o Premio da Cultura Galega na categoría de letras. Viaxamos con ela por Galicia e polo resto do mundo cos seus libros como guía.

Lorena Páramo

Galicia |

Os nosos creadores son auténticos embaixadores de Galicia polo mundo e esta semana volvemos a comprobalo coa visita da escritora, Ledicia Costas. Nesta entrevista celebramos con ela o seu Premio da Cultura 2020 e viaxamos ata os lugares que ten visitado grazas aos seus libros e ás moitas traducións. Neste enlace directo á web de Onda Cero podes volver escoitar a conversa con Susana Pedreira no programa "Gente Viajera de Galicia".