Gente Viajera de Galicia (16-10-2020)
Comezamos o programa repasando a actualidade e facendo unha primeira viaxe express ata a cidade de Lugo para sumarnos á Feira do Campo e Artesanía de San Isidro no barrio da Milagrosa. Na entrevista viaxeira desta semana convidamos á escritora Anxos Sumai e ao ilustrador Pablo Rosendo para percorrer a Illa de Ons co seu novo libro como guía. Ademais, ampliamos o mapa de destinos internacionais aos que volveremos algún día con Javier Arnau: Atenas é o escollido este venres. Rematamos a viaxe degustando os mellores queixos e viños no Pazo de Toubes (Cenlle) cos amigos de Viña Costeira. Neste podcast podes volver escoitar o programa en compañía de Susana Pedreira.