ONDA CERO GALICIA

Gente Viajera de Galicia (14-09-2018)

Os aeroportos galegos tiveron un 3, 5 por cento máis de usuarios nos primeiros 8 meses do ano que no mesmo período do 2017. Recibiron xa preto do millón de viaxeiros. O de Santiago foi que tivo máis viaxeiros pero tamén foi o único que sufriu un descenso en términos interanuais con un 1, 5 por cento menos. O de Coruña e o de Vigo medraron un 11, 8 e un 8, 2 po cento respectivamente. Son datos que coñecemos neste setembro no que se sinte xa o olor a vendimia, a traballo revolvendo nas vides. Un setembro tamén de viaxeiros que veñen a Galicia en busca, cada vez máis, de unha experiencia máis que dun viaxe. Aquí nos preparamos para recibilos, arranca xa a segunda edición do programa Galicia Friendly para mellorar as competencias lingüísticas dos hostaleiros galegos e poder recibir mellor os visitantes. Esta tarde entraremos na Ulloa, no centro de Galicia da man experta de Francisco Pardo Presidente do Instituto de Estudios ulloáns que reivindica a sociedade xeogáfica nacional que marque na Ulloa o punto central de Galicia. Está nunha aldea de Monterroso, e considera Francisco Pardo que merece un recoñecemento. Falaremos dos outonos gastronómicos que dende hoxe mesmo podemos degustar en toda Galicia, seguiremos os pasos do dramaturgo García Lorca pola comunidade, Redondela, Coruña, Lugo ou Santiago foron unhas das ciudades que visitou nunha viaxe de estudos. Estaremos no pórtico da gloria e na feira termatalia de Brasil coa representación de augas galegas.

ondacero.es

|